Silleda instalará parques de skate, patinaxe e BMX en Silleda e na Bandeira

0

Silleda, 4 de febreiro do 2019 –  O Concello de Silleda vén de rematar o proxecto para dotar cun parque de skate as localidades de Silleda e da Bandeira.

A instalación para o skate que se instalará permitirá tamén a práctica do BMX. Os parques situaranse en Silleda na praza de Juan Salgueiro e na Bandeira no entorno da praza da Feira. O alcalde, Manuel Cuiña, explicaba que “Con esta iniciativa viremos a dar resposta a unha petición case histórica dos veciños e veciñas máis novos deste municipio”.

A inversión total prevista para as dúas plataformas  é de 39.438,53 euros. O proxecto foi remitido en días pasados á Administración Autonómica para concorrer á liña de axudas para crear e mellorar infraestruturas, dotacións, e instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, convocadas o pasado mes de decembro.

Contarán con soleiras para elementos de skateboard de aproximadamente 300 metros cadrados. Nestas plataformas, con distintos módulos, os nenos e mozos contarán cun recinto para practicar estas modalidades deportivas que requiren dunha serie de elementos para adquirir velocidade, elevarse ou dar saltos, entre outros.

O deseño destas instalacións, cun acabado colorista, é autoría dos arquitectos Martín Pereiras Corzón e Miriam Sánchez. O prazo de execución previsto para contar con esta dotación é de tres meses.

Ubicación nas prazas

No caso da pista de Silleda está previsto ubicala no entorno da praza da Juan Salgueiro, barallando como opción a parcela que o Concello adquirirá na rúa Antón Alonso Ríos.

Na Bandeira barallase como opción o solar cedido o pasado verán por un particular no entorno da praza da Feira.  Dende o goberno municipal, Manuel Cuiña engade que estas novas dotacións “virán a completar a oferta de ocio e deporte para os máis novos de Silleda” e agarda que o proxecto se poida materializar no menor prazo de tempo posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial