займ срочно

Silleda investiga a autoría dun grave vertido de lixo en Medelo

0

Silleda, 28 de febreiro do 2019  O Concello de Silleda está a investigar a autoría dunha grave acumulación de lixo no lugar de Medelo, na parroquia de Manduas.

Os colectores de Medelo, ubicados xunto fronte ao acceso ao CDR de Cogami, estiveron ateigados nas últimas horas e con residuos fóra, en bolsas, sacos, capachos e caldeiros.  Entre os residuos depositados figuran ferros, cascallos… e outros impropios.

Logo de coñecer a existencia deste vertido, dende o Concello estase a investigar a autoría do suceso, susceptible de ser sancionado.

“Ademais do dano medioambiental, este tipo de accións supoñen un agravante para as arcas municipais, xa que o Concello ten que pagar máis polos residuos impropios e pola mala práxis de separar residuos, este tipo de actitudes incívicas non se poden seguir permitindo”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que o Concello de Silleda dispón dun servizo totalmente gratuito para os usuarios, como é o Punto Limpo, para facer este tipo de depósitos.

Xa retirados

Nada máis ter coñecemento dos feitos, o Concello ordenou ao servizo de limpeza retirar estes residuos e baleirar os colectores ante tal cantidade de lixo acumulado.

Así mesmo, o rexedor advirte que neste caso a situación é “máis grave se cabe por estar os colectores situados preto dun centro coma o CDR Medelo de Cogami, no que hai diariamente usuarios e non é de recibo que alguén levara alí tal cantidade e este tipo de residuos”, engade. A ordenanza de Convivencia, Residuos, Limpeza Viaria e Ornato do Concello de Silleda recolle no seu apartado de sancións que as infracción por este tipo de accións tipificadas como leves poden ser sancionadas de 100 a 750 euros; as graves de 751 a 6.010 e as consideradas moi graves de 6.010 ata 30.050,60 euros.

Dende o Concello faise ademais un chamamento á cidadanía para que colaboren á hora de evitar imaxes coma esta ou ben contacten coa Administración en caso de ter algunha pista sobre a autoría, “para poder actuar con sancións, neste e noutros casos similares que por desgracia seguen a acontecer no noso municipio”, explica o rexedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies