Silleda licita as obras de acondicionamento do vial entre Piñeiro e Abades

0

Silleda, 2 de xullo de 2019.  O Concello de Silleda segue a traballar na mellora da rede viaria no rural e ven de licitar o acondicionamento da estrada entre Piñeiro e Abades.

A actuación irá con cargo ao programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal, cofinanciado a través da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader). O anuncio de licitación da vía de unión das parroquias de Abades e Piñeiro publicouse xa no Perfil do Contratante (na web e na sede electrónica do Concello) xunto co prego de condicións e o proxecto e  tramitarase como procedemento aberto con carácter urxente.

O prazo para presentar as ofertas é de 13 días naturais contados a partir de hoxe (a publicación realizouse onte), polo que rematará o vindeiro luns día 15.

A actuación, cun investimento total previsto segundo o proxecto de 101. 568,43 euros, levarase a cabo en dous tramos que suman algo máis de 2 kilómetros de lonxitude.

O primeiro deles é que vai dende o cruce co vial da Deputación EP-6511 (Bandeira Piñeiro) ata o lugar de Covas, xa na parroquia de Abades, con 1.071 metros de lonxitude. Tamén se arranxará este vial no tramo dende Covas ata a pista que enlaza coa igrexa de Abades.

“É un vial moi transitado e que presenta moitas deficiencias pese a os arranxos puntuais que se levan realizado nos últimos anos”, indica o alcalde, “por iso apostamos por unha mellora integral de todo o trazado ao que dotaremos de aglomerado en quente”, engade o rexedor, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial