Silleda licita un ximnasio no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira

0

Silleda, 9 de xuño do 2020 – O Concello de Silleda vén de licitar distintos suministros e actuacións entre as que destaca un ximnasio para o Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

As actuacións foron aprobadas a pasada semana na Xunta de Goberno Local e agora saen a licitación. O ximnasio ten un prazo de execución de un mes desde a súa adxudicación. Suporá un investimento de 27.111,67 euros dos que o concello de Silleda aporta a maior parte (14.775,86 euros) e o 45% restante se financia a través dos fondos do Programa Leader.

O prego de condicións e as cuestións relativas á presentación das ofertas (nun prazo de 10 días hábiles) poden consultarse no perfil do contratante da Sede Electrónica do Concello, asi como na páxina web municipal.

Mellora do vial en Saídres

Outra das actuacións que se licitan a é a mellora integral da pista que comunica a parroquia de Saídres, unha actuación que se financiará a través do Plan Concellos da Deputación 2020. A obra sae a concurso cun orzamento de licitación de 173.248,60 euros (IVE incluído) e cun prazo de execución estimado de 2 meses. As empresas teñen un prazo de 13 días naturais para presentar ofertas.

Así mesmo, o Concello de Silleda vén de licitar o subministro de maquinaria para o departamento de Obras e Servizos, dotación que tamén se levará a cabo ao igual que a pista de Saídres a través do Plan Concellos da Deputación.

Neste caso sae a concurso a dotación dun camión con extendedora para obra pública, por importe de 105.000 euros e dunha máquina para a compactación en obras de terra e asfaltado, cun importe de licitación de 39.798 euros. O prazo para presentar ofertas é tamén de 10 días hábiles contados a partir da publicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial