Silleda saca a licitación o servizo de axuda no fogar

0

Silleda, 18 de xuño do 2020 – Silleda saca a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, aprobada no pleno do pasado 30 de maio. O anuncio foi remitido este mércores para a súa publicación polo que o prazo para a presentación das ofertas comeza hoxe xoves.

Os pregos e toda a documentación relativa ao procedemento poden consultarse no Perfil do Contratante do Concello de Silleda (tanto da web municipal como da Sede Electrónica) como na Plataforma de Contratación do Estado. 

Esta licitación lévase a cabo como contrato administrativo de servizos, de tramitación ordinaria e a través de procedemento aberto.  O contrato, por un ano, e prorrogable por outro máis, é de 637.348 euros/ano.

As ofertas deben presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Silleda.

Contratación de unha persoa como socorrista nas piscinas

Por outra banda o Concello de Silleda abre hoxe o proceso para a contratación temporal de un monitor/a de salvamento e socorrismo para atender as piscinas municipais. As persoas que reúnan os requisitos das bases, que poderán consultarse na web municipal, teñen 5 días a contar dende o venres para presentarse ao proceso.

Esta contratación sumarase á de outros dous monitores tamén para este servizo, que se realizará a través da Oficina de Emprego, coa subvención outorgada pola Xunta para o fomento do emprego e empregabilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial