Silleda reclama ao Sergas máis persoal para o consultorio médico da Bandeira

0

Silleda, 13 de outubro do 2018 – O Concello de Silleda reclama ao Sergas o reforzo de persoal no consultorio médico da Bandeira e mostra a súa preocupación polas últimas incidencias.

Nas últimas semanas o consultorio de Bndeira pasou por unha serie de situacións que levantaron as alarmas no goberno municipal. Na última delas, o pasado luns, a única facultativa que estaba ese día de servizo e a enfermeira tiveron que atender unha urxencia ao mediodía e acompañar despois ao doente en ambulancia ata o Clínico. Tal como explica o alcalde Manuel Cuíña “Os pacientes que estaban agardando o seu turno marcharon sen ser atendidos e o centro tivo mesmo que pecharse porque nin sequera o PSX que contratou o Sergas a media xornada estaba”.

O alcalde lembra o que reclaman desde hai tempo  “É por iso que pedimos, como xa se ten feito noutras ocasións, que se cubran na medida do posible os dous postos de médicos, cando están de baixa ou vacacións, para evitar que se poidan producir este tipo de situacións”. Dende o goberno municipal tamén se solicita un encontro coa xerencia integrada de Santiago para falar “non só do consultorio da Bandeira senón tamén do PAC de Silleda, no que a presenza dun só médico tamén ten dado lugar a situacións parecidas”, explica o alcalde lembrando que “unha vez máis no último pleno aprobouse outra moción para pedir máis persoal neste centro compartido con Vila de Cruces. “A dispersión xeográfica xustifica que haxa máis persoal médico neste centro. Temos que velar por ter unha atención sanitaria de calidade, e iso implica contar con máis recursos humanos”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial