Silleda comeza a vixianza do radón

0

Silleda, 6 de febreiro do 2020 – Esta semana comezou a colocación dos detectores para o estudio e medición do gas Radón realizado polo Concello de Silleda en edificios públicos.

Esta iniciativa, que levará a cabo unha empresa especializada, 222 Radón,  cun orzamento de 1.680 euros sen IVE, constará de dúas partes: unha técnica e outra relativa ao inventario de zonas de risco.

Silleda convértese en pioneiro ao ser dos primeiros en cumprir co decreto R.D.1439/2010  de 5 de Novembro polo que se modifica o Regulamento sobre protección  sanitaria contra radiacións ionizantes.

Colocaránse un total de 48 detectores nas dependencias da Casa Consistorial, Centros Sociais dos Maiores de Silleda e A Bandeira, Ceips de Silleda e A Bandeira, e o Auditorio Manuel Dopazo

Silleda comeza a vixianza do radón“Este é un primeiro muestreo e en función dos resultados, nun prazo estimado de 90 días, evaluaremos a continuidade do estudo”, indica o alcalde.

Galicia en xeral e o Concello de Silleda en particular son recoñecidos como zona de risco na concentración  de  gas radón, canceríxeno que se mide en Bequerelios e que  se considera  como límite aceptable a existencia de 300 bq por metro cúbico de aire.

O proceso consistirá na colocación de detectores, recollida, análises de resultados e medidas a adoptar en cada caso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial