Silleda mellora a captación de auga da traída municipal

0

Silleda, 11 de outubro do 2018 –   Silleda acomete nos últimos días unha mellora na captación de augas da traída que abastece os depósitos municipais da Bandeira.

Os traballos, que están xa a piques de rematar, consisten na ampliación de caudal da traída, o que evitará entre outros bombardear dende o río Toxa. “Ademais de contar con augas con maior calidade, ao evitar bombear dende o río, algo ao que se viña recorrendo en épocas de seca,  lograrase tamén un notable aforro enerxético”, explica o alcalde, Manuel Cuiña,

A auga desta captación, situada na zona de Cumbraos (Escuadro), irá directamente ao depósito, mellorando o servizo en centos de vivendas. Dende o servizo municipal estímase que se acadarán os 80.000 litros de auga nun prazo de 24 horas. Nas vindeiras semanas está tamén previsto acometer unha mellora da captación de Silleda, situada neste caso nunha zona de monte en Siador, co obxectivo de evitar tamén o bombeo. “Logo de apostar por estender a traída municipal ao rural, comezando polas parroquias máis próximas aos núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira, con esta actuación acadaremos unha considerable mellora no servizo”, sinala Cuiña lembrando que o Concello de Silleda asumiu a xestión a principios do ano 2017.

“Logo da rebaixa nos recibos, algo que levaba agardando dende hai anos, agora afrontamos a mellora nas captacións e continuaremos apostando por seguir estendendo este servizo” engade o alcalde. Nos últimos anos leváronse a cabo obras para estender a rede a parroquias como Taboada, Cortegada, Saídres, Ponte, O Castro, Manduas ou o lugar de Toxa, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial