займ срочно

Silleda mellora o servizo de recollida de lixo coa tres novos vehículos

0

Silleda, 22 de marzo do 2018 – O concello de Silleda ven de anunciar que a empresa Urbaser incorpora tres novos vehículos que se incorporan ao servizo de recollida lixo no municipio.

O servizo de recollida de lixo comezou hai dous anos unha renovación en Silleda que comezou coa regulación do servizo e continuou despois con distintas iniciativas as que se suman agora tres novos vehículos. Incorpórase un para os colectores de carga lateral (instalados nos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira e nas localidades situadas ao pé da N-525) que corta o tempo de recollida. Ademais deste vehículo de recollida, cunha capacidade de 7.000 kilos, tamén se estrea outro camión para a recollida no rural, con carga traseira e uns 4.500 kilos de capacidade. Finalmente inclúese un vehículo de grandes dimensións específico para o lavado de colectores, tanto os do rural coma os de carga lateral que están nas vilas.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, achegouse ata o Polígono Área 33 xunto co concelleiro de Obras e Servizos e persoal da firma adxudicataria para coñecer as novas incorporacións. Estas melloras estaban recollidas no contrato de concesión asinado o pasado ano, para o rexedor “Con medidas como a incorporación de novos vehículos á flota, a aposta pola carga lateral, e o aumento na frecuencia da recollida nas parroquias, dende o Concello de Silleda seguimos mellorando un servizo básico á cidadanía”.

Más colectores amarelos no rural

Outra das grandes novidades do servizo no último ano foi a posta en marcha da recollida selectiva no rural, con colectores amarelos para envases lixeiros. “É un servizo do que estamos moi satisfeitos e que continuaremos ampliando nos vindeiros meses”, avanza o alcalde. Así, aos 126 colectores que se repartiron nas parroquias silledenses (cunha ratio dun colector por cada 80 habitantes), sumaranse en breve outras 30 unidades aportadas pola entidade Ecoembes. O depósito nos colectores amarelos, para envases de plástico, bricks e latas, é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademais que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos. A implantación da recollida selectiva no rural de Silleda rematouse o pasado verán.  “Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies