Silleda mellorará a sinalización da Área 33

0

Silleda 28 de agosto do 2018 – Silleda acomete estes días melloras na sinalización do polígono industrial Área 33 con fin de aumentar a seguridade viaria.

As melloras en Área 33 fanse con cargo a liña de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

As obras, cunha inversión de 41.491 euros, consisten nunha intervención integral na superficie do polígono. Estableceuse ademais un nomenclátor para as rúas que se nomearán con letras, dende o A ao K, colocando un total de 42 sinais.  A sinalización vertical, con sinais de advertencia de perigo, prioridade de vías ou limitación de velocidade a 30 kilómetros por hora no cruce entre unha das rúa co acceso á parroquia de Vilar, son outras das melloras implementadas. A intervención afectará tamén a mediana que separa o carril de acceso ao polígono en dirección Ourense da estrada nacional 525.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Obras, Klaus Brey, visitaron, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios do polígono, Juan Carballo, e o vicepresidente, Luis Alberto Lázara,   a zona dos traballos. que continuarán agora co pintado do viario. En palabras do alcalde “Queremos apostar por seguir mellorando o noso polígono industrial neste caso cunha actuación moi necesaria para mellorar as condicións de seguridade e tamén ao mesmo tempo facer máis transitables as vías desta área. O  obxectivo é mellorar a seguridade e lograr unha maior operatividade para os usuarios deste polígono, cada vez con máis actividade ao estar todas as naves en pleno funcionamento”.

Nos últimos anos, tamén a través da mesma liña de axudas, realizáronse intervencións para a mellora do polígono coa mellora do firme en toda a rede viaria, colocación de placas solares fotovoltáicas, ou novas luminarias, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial