Silleda comeza as melloras do Centro Sociocultural Vistalegre

0

O concello de Silleda remata con esta actuación os traballos da ampliación realizada en 2013. Ademais de acondicionar os locais da última planta tamén se creará o acceso principal que unirá os dous edificios

silleda-obras-vistalegre-normal-4-noviembre-2016_rSilleda, 4 de novembro do 2016 –  As obras de mellora e acondicionamento no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira están xa en marcha. O Concello licitou a finais de setembro os traballos, cun orzamento de 28.986 euros, cofinanciado pola entidade local e a Consellería de Cultura.

Os traballos foron adxudicados á empresa Obras e Proxectos Naera S.L.U e prolongaránse durante varias semanas.

Con esta dotación remataránse os traballos da ampliación deste Centro Cultural que desenvolve unha grande actividade na vila. O proxecto busca acondicionar a segunda planta do edificio anexo ao volumen antigo que se levantou no ano 2013. Alí  ubicaránse distintas dependencias deste novo equipamento.

“Co acondicionamento desta última planta do edificio concluirá o proceso de ampliación iniciado hai tres anos para dotar ao Centro Cultural Vista Alegre das instalacións que merece esta entidade dado o volumen de actividades culturais que se celebran”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

As obras consistirán no acondicionamento interior desta última planta onde se ubicarán os novos locais e na creación dunha zona de entrada dende a pranta baixa do antigo edificio (quitando a zona dos vellos aseos). Con este nova entrada uniránse tamén o edificio principal e o anexo, onde se ubica a biblioteca, sala de exposicións e outros locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial