Silleda reúnese cos veciños de Parada para explicar as melloras na cobertura de TDT

0

Silleda, 19 de novembro do 2017 –   O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo un encontro cos veciños de Parada para explicar as medidas que se levarán a cabo a fin de mellorar a cobertura da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Aínda que nun primeiro momento os técnicos da Administración Autonómica propoñían un cambio de ubicación do repetidor de TDT ubicado no lugar da Cameixa, nas medicións que se realizaron na xornada de onte martes detectáronse algunhas zonas de sombra.

Cuiña explicou no encontro que onte se achegaron ata o lugar técnicos da Secretaría Xeral de Medios e que despois de barallar distintas opcións dende o Concello apostarase por elevar a antena un novo tramo, de aproximadamente 3 metros, para mellorar “a sinal de entrada, onde parece que está o problema das interrupcións nas emisións que se veñen detectando”, engadiu.

O alcalde, que convocou hai varios días a xuntanza, explicou xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, contactarase dende o Concello coa empresa que instalou a torre no seu día e no caso de que a estrutura non sexa válida se construirá unha nova torreta para dar resposta aos numerosos problemas que ven arrastrando a cobertura da TDT nesta zona.

Este repetidor, que da servizo ademais de a Parada a parroquias como Laro ou Refoxos, xa sufriu modificacións nos últimos anos, como a elevación da antena, para tratar de mellorar a recepción.

O Concello asinou en 2011 coa  Secretaria Xeral de Medios un convenio para levar a cabo esta instalación. Dende 2013 dende o Concello de Silleda solicitáronse en distintas ocasións revisións técnicas por parte dos responsables da Oficina da TDT da Xunta, á vista de que a masa forestal da zona afectaba ao sinal (motivo polo cal se elevou a antena no seu día) e doutros problemas que se producían cando había tormentas, entre outros. “Somos conscientes dos trastornos que se lles están a ocasionar os veciños e veciñas, e por iso dende o Concello trataremos de facer todo o posible para arranxar a situación”, explica.

Tamén no repetidor de Graba, que da servizo ademais á parroquia de Fiestras, se revisará a situación ao detectarse por parte dos usuarios problemas na recepción do sinal.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies