Silleda traballa no V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui

0

Silleda, 4 de abril do 2017 – O municipio de Silleda volverá a acoller nas vindeiras semanas unha nova edición do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui.

Onte celebrouse no  Concello unha xuntanza entre representantes municipais e de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) para avanzar nos preparativos.

O alcalde, Manuel Cuiña e as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Ana Luisa González e Pilar Peón, reuníronse co coordinador de Sogaps na comarca do Deza, Pablo Romero para falar da posta en marcha desta iniciativa, que entre abril e maio contará con distintas actividades culturais coas que se busca recadar fondos para axudar aos refuxiados dos campamentos do Sáhara.

“Para o Concello de Silleda é un pracer continuar colaborando con esta entidade na realización de actividades que teñen por obxectivo axudar ao pobo do Sáhara”, indica o alcalde Manuel Cuiña. Dende o goberno municipal faise tamén un chamamento aos veciños e veciñas para colaborar con estas actividades.

Así mesmo, na xuntanza tamén se falou sobre o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade, que se volverá a renovar este ano, para o programa Vacacións en Paz, “unha iniciativa que este ano contará en Silleda con seis familias acolledoras”, engade o rexedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial