Silleda combina nunha campaña rebaixas e normalización lingüística

0

Silleda, 1 de xuño do 2017 – A  Concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Pilar Peón, vén de poñer en marcha a campaña #REBAIXASilleda, para fomentar o galego no ámbito do comercio, de cara á campaña de rebaixas de verán.

Imaxe de arquivo da campaña realizada en xullo

Baixo o lema, Non deixes a lingua fóra… Entra! Neste establecemento atendémoste en galego, dende a Concellería  búscase fomentar o uso do idioma no sector comercial e empresarial, ademais de promover que a transacción comercial sexa tamén en galego.

O Concello pon a disposición dos establecementos, sobre todo de textil e calzado, cartaces gratuitos que deben solicitar no propio Concello ou chamando ao 986 580000. Poderán facerse as solicitudes ata o vindeiro xoves 15 de xuño.

Esta campaña púxose en marcha o pasado ano cun grande nivel de aceptación entre os comercios. “Un ano máis queremos apoiar con esta iniciativa o uso do galego nos nosos comercios”, sinala Pilar Peón. Esta campaña súmase a outras postas en marcha dende o departamento municipal con programas coma SilledaAgasalla, co reparto de felicitacións en galego, ou Medrando en Galego, con actividades para fomentar o galego entre os nenos de 0 a 12 anos. Neste último inclúese a iniciativa Aloumiños en Galego, co reparto de caixas de benvida aos recén nados, que seguen a repartirse dende o Concello de Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial