Novos colectores de papel e cartón para o Concello de Silleda

0

novas de Silleda, 13 de xaneiro do 2020 – A concellería de medio ambiente do Concello de Silleda ven de mellorar e ampliar a recollida de papel e cartón con novos colectores.

A pasada semana comezou a colocación de estes oito novos colectores que substituirán aos que se atopaban deteriorados ou en mal estado.

 Ao mesmo tempo, os colectores retirados estanse xa a reparar de xeito que. en canto estean listos, o Concello realizará unha nova redistribución contando con esta nova dotación.

colectores de papel e cartón en Silleda20 colectores instalados

A día de hoxe na vila de Silleda hai un total de 20 colectores azuis, para o papel cartón, 9 na Bandeira e tamén hai colectores deste tipo en puntos do rural como Laro e Lamela.

Do mesmo xeito, o municipio de Silleda conta xa dende hai anos cun servizo gratuíto de recollida de papel e cartón a domicilio, para os comerciantes e empresarios, que se realiza tódolos venres.

Con esta ampliación tamén se resolve a problemática dos colectores deteriorados que ademais supoñían un caso de feísmo nalgúns casos.  “Con iniciativas coma estas seguirmos mellorando o servizo de recollida de residuos, mentres temos xa en marcha proxectos coma o da compostaxe doméstica que arrancará a vindeira semana en varias parroquias do rural”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial