Silleda en contra da gasolineira de baixo custo

0

Silleda, 9 de outubro do 2019 – O concello súmase aos veciños e a Federación Galega de Estacións de Servizo na oposición a instalación dunha gasolineira Low Cost no Barrio do Campo.

O alcalde da vila, Manuel Cuiña, mantivo unha reunión coa veciñanza do Barrio do Campo, onde se pretende instalar a gasolineira. O rexedor estivo acompañado pola concelleira de urbanismo, Pili Peón, coa explicou aos asistentes que a postura do concello e de tratar de evitar a instalación “A postura deste goberno municipal é clara e contundente: trataremos de evitar con todos os recursos posibles que a gasolineira se ubique nesa parcela”

Como primeira medida xa se pediron, no momento no que se presentou a solicitude de instalación por parte da empresa, informes xurídicos e urbanísticos. Cuiña explicou tamén que mañá xoves manterá unha reunión con representantes da empresa (reunión que a entidade solicitou en días pasados) e que os manterá informados de forma puntual e detallada para o cal convocounos de novo o venres ás 10:00 horas.

Oposición do sector

Dende o goberno municipal de Silleda tamén se considera que a Xunta de Galicia debería de tomar boa nota  para non permitir a instalación deste tipo de empresas preto de vivendas, como pretende o proxecto.

É a mesma postura que sostén a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes). A Federación mostrouse moi crítica con este tipo de instalacións que viven nun “limbo legal”. Fegaes critica que se permitan instalacións de baixo custo sen persoal xa que iso provoca, ao seu xuízo, unha evidente falta de seguridade e de accesibilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial