займ срочно

Silleda incrementa a partida de servizos sociais en máis dun 155%

0

Silleda, 31 de outubro do 2019 –  O executivo local de Silleda levará a  pleno a aprobación inicial do orzamento 2020, cun incremento da partida de servizos sociais en mais dun 155%.

O montante global das contas sitúase en 6.910.000 euros. A partida destinada a Servizos Sociais é a única que varía considerablemente no capítulo de gastos, pasando de 385.000 a 600.000 euros, un incremento de máis do 155% que se explica polo aumento de horas do Servizo de Axuda no Fogar, (se estima que pasarán de 32.000 a 40.000 euros) e polo aumento do custe das mesmas (de 11,40 a 14,70 euros a hora).

O alcalde, Manuel Cuiña, explica que “O SAF, como outros servizos asistencias, ou axudas de emerxencia son servizos básicos nos que este goberno fará un considerable esforzo o vindeiro ano, cunhas contas que teñen un marcado carácter social”. Aumenta tamén en materia social a atención a persoas con Alzheimer e outras demencias, co programa que se ven desenvolvemento dende o ano 2015 e as axudas a emerxencia social.  

Tamén dende o Concello se volve a contemplar unha partida de 73.000 euros para a Escola Infantil A Galiña Azul, a que hai que sumar os gastos de mantemento “Pese a ser competencia da Xunta, os Concellos seguimos a facer un grandísimo esforzó  na Educación de 0 a 3 anos”, engade Cuiña.

O novo orzamento supón un descenso do 11,4% (890.000 euros menos) con respecto ao ano 2018. Este descenso explicase ao non figurar inversións coma o novo campo de fútbol da Bandeira ou a Rede de Calor. Mantéñense as partidas de axuda a colectivos, asociacións e clubes, e minorase tamén á metade a destinada a intercambios culturais (de 20.000 a 10.000 euros). 

Tamén se manteñen as partidas para o programa de fomento do emprego (15.000 euros);  o mantemento e conservación de camiños municipais (200.000 euros) e se incrementan as destinadas a atención do mosteiro de Carboeiro (de 18.000 a 25.000 euros) e a Escola de Música Municipal (que pasa a 110.000 euros).

No tocante a Persoal, a partida que representa un 35,60% do orzamento, incrementase nun 10,5% polas subas que marca o goberno central e trienios, entre outros, pasando de 2,2 a 2,4 millóns de euros.

Os gastos en ben correntes e servizos tamén se incrementan lixeiramente nun 8%, de 2,9 a 3,1 millóns, incluíndose neste apartado o aumento en gasto social. Os gastos financeiros tamén se van reducindo coa diminución da débeda. Para o exercicio 2020 prevese que a débeda bancaria se situe en 1.157.949,92 euros, amortizándose máis de 292.000 euros.

 Ao non contemplarse as dúas grandes obras dos últimos anos, descende tamén pois o  capítulo de inversións reais, en máis dun 66% debido a esta circunstancia, situándose a partida en 668.600 euros . Inclúense nas previsións as achegas municipais para realizar investimentos a través de subvencións doutros organismos (142.600 euros); a aportación que se prevé da Deputación de Pontevedra polo Plan Concellos (512.000 euros) e unha partida para reposición de infraestruturas por 14.0000 euros.

“Queremos ter o orzamento en vigor a 1 de xaneiro de 2020 e aínda que a previsión en inversións descendeu considerablemente ao non executarse as dúas grandes obras de anos anteriores, a nosa intención é seguir xestionando novas inversións que poidan xurdir ao longo do próximo exercicio”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, que explica que as inversións a realizar se decidirán nos vindeiros meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies