Breixa celebra a vixésima  edición da Festa da Castaña

0

Silleda, 18 de outubro do 2019 – A parroquia de Breixa, en Silleda, celebra este sábado a vixésima edición da Festa da Castaña, tal vez o produto máis tradicional do outono.

Coa Festa da Castaña a gastronomía volve a ser protagonista das actividades de Silleda. Está organizada pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa e comezará a partir das 21.30 no campo da festa, que estará cuberto.

O menú está composto por panceta, castañas asadas, postre, pan viño e café. As entradas custan 10 euros e poden mercarse no Bodegón de Esther (Silleda); Bar Sanse, en O Castro;  na taberna de Martixe e no centro cultural de Saídres.

A velada estará amenizada polo dúo Xplosión . A comisión tamén sorteará dous lacóns entre os asistentes.

Festa da Castaña

Imaxe cedida por S. Hermann & F. Richter

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial