займ срочно

Silleda pinta os pasos de peóns e organiza unha charla de Rosa María Calaf para sensibilizar sobre a violencia de xénero

0

Silleda, 22 de novembro do 2017 – O Concello de Silleda procedeu ao pintado de mensaxes contra a violencia machista nos pasos de peóns.

Estas frases, ás que acompaña o logo “Silleda, en negro” (no marco da campaña #Ennegrocontraasviolencia ) estamparánse en 8 pasos: 4 na vila de Silleda e outros tantos na da Bandeira.

Amedes a quen amedes,  Silleda polos dereitos LGTBI,  Son libre de decidir sobre a miña vida, Non es o meu dono, Non son o teu dono, Non son un príncipe azul,  #Nin unha menos, Sempre libre e viva,  Si é sí..Non é non, Non por ser muller, sí por ser persoa.  Estes son os lemas que rezan nos pasos de peóns “para concienciar e sensibilizar á poboación sobre esta lacra na qué é preciso que nos impliquemos todos e todas”, indica a concelleira de Igualdade, Pili Peón.

Silleda comeza ademais o programa “Xénero e vulnerabilidade”, posto en marcha co apoio da Deputación de Pontevedra coa conferencia de Rosa María Calaf  baixo o título “Violencia y misoginia: ayer y hoy. La representación de las mujeres en el discurso mediático”, que impartirá ás 17:00 horas na Casa da Xuventude a coñecida xornalista e investigadora.

A corresponsal máis veterana de TVE, con 37 anos de experiencia as súas costas, foi pioneira en España no exercicio do reporteirismo.

Ademais da conferencia de Rosa María Calaf, o vindeiro venres día 24 terá lugar a concentración de condea contra a violencia de xénero na praza da Igrexa de Silleda (12:30), un acto no que dende a Concellería de Igualdade  de Silleda se entregarán tamén aos centros escolares lotes de libros que afrontan a problemática da desigualdade por razón de xénero e a violencia machista.

En negro contra as violencias

Por outra banda o Concello de Silleda segue a participar na campaña En negro contra as violencias, á que se sumaron xa 80 establecementos e entidades do municipio para sensibilizar –a través da cor negra- sobre a problemática da violencia de xénero na nosa sociedade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies