Silleda pecha a Conta Xeral do 2018 co mellor resultado da historia

0

Silleda, 16 de maio do 2019 – Silleda celebrou a Comisión Especial de Contas, na que participaron tódolos grupos municipais, e que acado un resultado de 1.2 millóns de euros na Conta Xeral 2018.

Os resultados da Conta Xeral 2018 son os mellores da historia acadados na contabilidade do concello. No documento, aprobado cos votos do grupo de goberno e a abstención do PP, recóllense entre outros datos a diferenza entre gastos e ingresos do último exercicio, sendo o resultado de 1.207.653,79 euros  . En palabras do alcalde, Manuel Cuíña, “Tal e como se veu comprobando nos últimos anos, a situación económica do Concello segue mellorando considerablemente. Se a liquidación xa arroxaba un superávit máis que satisfactorio, agora a Conta Xeral mellora ese resultado, con máis de 1,2 millóns de euros. Nunca antes na historia do Concello de Silleda se vira un resultado coma este”. O resultado da Conta Xeral é superior ao da liquidación de 2018 (cun resultado orzamentario de 1.065.988,21 euros) porque a contabilidade financeira non computa as inversión realizadas como gastos.

A Conta do 2018 recolle que os ingresos sitúanse en 6.706.273,11 euros, mentres que os gastos ordinarios foron de 5.498.419,32.  “A satisfacción deste goberno non pode ser máis grande. Un dos grandes esforzos que realizamos ao longo destes últimos anos foi a posta a punto da contabilidade, coa erradicación do lastre das débedas como gran obxectivo. E non só pagamos todo o que se debía, se non que ademais conseguimos aforrar”, indica Cuíña.

Nese documento, do que se deu conta hai xa dous meses, recóllese que finalmente o orzamento executado foi de 8.679.437 euros  “ unha cifra histórica para Silleda e  case impensable hai 4 anos para este concello.  Executouse un 99,48% do recadado, o que demostra que se fixou unha boa labor política” resaltou o alcalde.

O remanente de tesourería, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos dispoñibles, os que se deben e os pendentes de cobro) volveu ser positivo tamén, con 413.969,91 euros, seguindo a mesma liña dos últimos anos e logo de deixar atrás as cifras negativas do ano 2013.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial