O silledense Cristian Costoya afronta o segundo mundial de karts

0

Silleda, 22 de outubro do 2019 – O Concello de Silleda apoiará ao piloto Cristian Costoya que participa en Nápoles no que será a súa segunda participación no mundial de karts.

O alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de Deportes, Mónica Gonzálaez, e a concelleira Pili Peón viaxarán esta fin de semana a Nápoles para estar presentes na gran final do Rotax Max Challenge o sábado 26 arroupando a Cristian Costoya.

Cristian Costoya

imaxe de arquivo do alcalde, Manuel Cuiña, con Cristian Costoya

O pasado mes de marzo, o Concello asinou co pai do corredor un acordo de patrocinio polo que o Concello aporta 15.000 euros a este prometedor deportista que está a participar en competicións a nivel mundial.  Con tan só 9 anos Cristian conta xa cun gran palmarés na súa carreira, que iniciou con 4 anos.

Ao día seguinte de cumprir os 6 anos, logrou a súa primeira vitoria absoluta, Pole e volta rápida na categoría alevín do campionato galego, no que competiu con rivais de ata 11 anos. Foi elixido tamén o mellor piloto español do ano polos lectores do portal especializado Vroom o pasado ano, cando se fixo tamén co Trofeo Ibérico Rotas Micro e o de Portugal, dándolle este último o seu pase á final de Brasil, na que participou no mes de outubro pasado.

Boas primeiras impresións

Cristian xa tivo ocasión de rodar en Nápoles e con moi bos resultados. Na primeira xornada de adestramentos levou a voz cantante sendo o máis rápido en dúas das tres mangas e segundo na terceira. Estes resultados amosan a perfecta adaptación do piloto ao kart; hai que lembrar que todos corren con vehículos similares cedidos pola organización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial