займ срочно

Silleda Activa pon en marcha cursos de pintura e manualidades

0

Silleda, 9 de xaneiro do 2018 –   O programa Silleda Activa, posto en marcha pola Concellería de Benestar Social e dirixido ao colectivo dos maiores, pon en marcha dous novos cursos, pintura e manualidades,  a partir do 1 de febreiro.

Trátase dos ciclos de pintura e o denominado “Traballo coas mans”. Ámbolos dous son de balde  e os participantes só terán que abonar o custes do material.

O curso de Traballo coas mans, con distintas propostas de manualidades impartirase os mércores de 16:00 a 17:00 horas na Casa da Xuventude. O de pintura será tamén os mércores, de 11:15 a 12:15 na Casa da Cultura.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Centro Social dos Maiores (986 592037) ou na Casa da Cultura (986 581028).

Estas dúas iniciativas súmanse ao programa deste ano no que figuran exitosos obradoiros coma os de memoria, manexo do teléfono móbil, uso de novas tecnoloxías ou outras novidades coma a musicoterapia.

O programa foi posto en marcha polo Concello de Silleda no ano 2012 con actividades para favorecer o envellecemento activo, tanto de carácter físico como de desenvolvemento intelectual.

A concelleira Pilar Peón destaca que as actividades ofertadas dende a Concellería de Benestar “son totalmente gratuitas, co que seguimos apostando por unha mellor calidade de vida dos nosos maiores”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies