Silleda acondiciona a pista de A Laxe, en Oleiros

0

Silleda, 28 de febreiro do 2017 –  O Concello de Silleda a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, acondicionou un tramo da pista do lugar de A Laxe, na parroquia de Oleiros, onde foi necesario botar formigón para reparar os graves danos.

O mal estado desta pista impedía o paso de servizos necesarios coma o da recollida do leite. Con esta actuación o goberno de Silleda continúa coas melloras de infraestrutura dos viais no rural, unha das grandes demandas dos veciños.

“Nas reunións anuais que estamos a celebrar nas parroquias e nas que tivemos o pasado ano o arranxo de pistas é con diferencia o máis solicitado polos veciños e veciñas”, indica o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, que lembra que este ano se destinarán máis de 500.000 euros ao arranxo de viais. “Temos algo máis de 1.000 kilómetros de viais municipais polo que é preciso facer un esforzo na mellora das vías de comunicación”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial