Silleda entregou o premio “Nas festas somos máis” á Asociación Socio Cultural de Cortegada

0

Silleda, 4 de xaneiro do 2017 –  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a concelleira de Turismo, Ana Luisa González, entregaron a Román Peña, membro da comisión organizadora da Festa da Paella o premio “Nas festas somos máis”, dotado con 1.500 euros.

silleda entrega o premio silleda somos maisA iniciativa estrenouse este ano con dúas entidades participantes e enmarcada na campaña de fomento do empadroamento “En Silleda somos máis”.

Para incentivar a participación das comisións organizadoras de festas de Silleda o alcalde, Manuel Cuiña avanzou xa unha modificación das bases do certame. A dotación económica do concurso duplicarase para este exercicio 2017 pasando de 1.500 a 3.000 euros. A falta de fixar os cambios nas bases do certame, estableceríanse tres premios: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 1.000 euros e un terceiro de 500 euros. As bases daranse a coñecer nas vindeiras semanas.

Por outra banda, e dentro da mesma campaña, o Concello de Silleda continúa a repartir ata o xoves mañá entradas para o Silleda Park aos nenos e nenas a partir de 3 anos (os menores de 3 entran gratis) que estén empadroados no concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial