займ срочно

Silleda prepara a San Silvestre con importantes novidades

0

Silleda, 19 de decembro do 2018 –  A carreira popular de San Silvestre volta ás rúas de Silleda o vindeiro luns día 31.

A proba, organizada dende o Concello de Silleda en colaboración coa Deputación de Pontevedra, comezará ás 11:300 horas  na praza Juan José Salgueiro (antiga Praza da Feira Vella). A San Silvestre está aberta a todos os públicos e as persoas que desexen participar poden anotarse o propio día da carreira na mesma praza dende as 10.30 horas, sen necesidade de facelo previamente.

A gran novidade deste ano será a celebración do San Silvestriño, ás 11:30 cunha carreira arredor da praza na que poderán participar nenos e nenas de ata 6 anos. Os mais pequenos poderán facer o tramo acompañados de maiores nesta nova cita á que se lle busca dar un carácter interxeracional. Haberá agasallos para todos os participantes.

A categoría infantil, de 7 a 13 anos (ambos inclusive) terá un percorrido de 1 kilómetro. Haberá premios aos tres primeiros clasificados.  Ás 12:00 horas disputarase o percorrido Senior, con premios nas categorías de feminino e masculino aos 3 primeiros clasificados.

O percorrido será de 6 kilómetros e transcorrerá polo entorno da praza, pasando pola rúa Outeiro e Recinto Feiral, entre outros.

Premio á orixinalidade e visita do Apalpador

Tamén se outorgará un premio único á mellor caracterización navideña. A cita contará con animación para os máis cativos e a visita do Apalpador, que chega a través do programa Nadal en Galego da Deputación. Para rematar haberá chocolate con churros, outra das novidades, para que os participantes poidan repoñer forzas.

 “Agardamos que a climatoloxía nos permita retomar esta carreira, moi agardada polos veciños e veciñas de todas as idades, xa que o pasado ano por mor da choiva non se celebrou”, explica a concelleira de Deportes, Ana Luísa González que mantivo un encontro con técnicos municipais e co inspector da Policía Local para ultimar os detalles do evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies