Silleda prepara arranxos en viais de 10 parroquias

0

Silleda, 17 de agosto do 2018 – O goberno municipal de Silleda traballa nun proxecto para o arranxo de distintos viais no rural que afectarán a 10 parroquias do municipio.

Arranxos realizados nunha pista de Escuadro

O investimento previsto en este viais chega ao medio millón de euros cos que en palabras do alcalde, Manuel Cuiña, o concello “continúa apostando pola mellora de servizos básicos no rural”. O rexedor explica que o concello ten “unha extensísima rede viaria con algo máis de 1.000 kilómetros e trataremos de priorizar as que estean en peor estado. Despois dun longo e duro inverno con moita choiva que causou importantes danos nas nosas estradas resulta necesario facer unha reforma máis en profundidade”.

Cuiña lembra que nos últimos anos dende o Concello de Silleda fíxose “un notable esforzo na mellora das pistas, apostando por melloras máis ambiciosas nas infraestruturas do rural, con aglomerados en quente para lograr reformas máis duradeiras”. Con este plan de actuación estímase que se realizarán obras en viais de 10 parroquias do termo municipal de Silleda. “Somos  conscientes de que hai máis melloras que realizar pero trataremos de ir apostando por actuacións que perduren no tempo e priorizando os viais en peores condicións”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial