Silleda prepárase para XXX Romaría do Rapaz

0

Silleda, 4 de xuño do 2018 – A Romaría do Rapaz de Silleda volverá ao entorno da Saleta, en Siador, o vindeiro domingo 24 de xuño para celebrar os seus 30 anos de vida.

A Romaría do Rapaz comezou a deseñar a súa edición número trinta hai varias semanas e esta fin de semana  celebrouse unha reunión con técnicos e traballadores municipais para ultimar xa o programa.

Dende a Concellería de Cultura, que organiza o certame, continuarase apostando polos obradoiros creativos e outras actividades clásicas coma o desfile de modelos con traxes feitos polos nenos e nenas con material de refugallo. Nas vindeira semana presentarase publicamente o programa completo da xornada, que incluirá actuacións, música, e numerosas actividades  para un dos certames máis concorridos e agardados polos silledenses. Tamén ata o mércores está aberto o prazo para participar no desfile e play back e outras actividades, para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Os interesados poden inscribirse no Concello chamando ao 986 580000.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies