Silleda informa do primeiro caso de Coronavirus no municipio

0

Silleda, 27 de marzo do 2020 – O concello de Silleda informou onte xoves do primeiro caso de infectado por Coronavirus no municipio.

O enfermo está ingresado en Santiago e era residente nunha parroquia do municipio. Desde o concello piden prudencia e seguir as indicacións de confinamento e as precaucións recomendadas ante a pandemia de Coronavirus.

A información sobre o positivo chegou ao concello por medio da familia, xesto que o equipo de goberno agradeceu. Segundo comunicaron, esta persoa participou hai aproximadamente 15 días nunha viaxe do Imserso a Ibiza. A familia avisou no Concello para alertar sobre todo ás persoas coas que coincidiron no traxecto, aínda que no se sabe con  certeza se foi alí onde se contaxiou.

O alcalde, Manuel Cuiña, pedía que se mantivera o confinamento e unha pronta recuperación ao doente “É importante que sigamos mantendo as medidas de prevención e gardando confinamento. O máis importante é que este veciño se recupere canto antes e que consigamos conter na medida do posible a expansión do virus”.

Medias preventivas

Silleda estaba xa tomando as medidas necesarias para evitar, na medida do posible, os riscos de infección. As labores nas rúas continuarán todos os días a partir das 07:00 horas, utilizando o tractor do Concello e a atomizadora cedida, que entre os puntos clave incluirá tamén o entorno da residencia Fogar San Miguel de Ponte.  Tamén se lavaron onte as inmediacións de ultramarinos no rural .

Tamén onte iniciou o lavado e desinfección dos colectores de lixo. Operarios da concesión están xa a lavar os colectores con deterxente clorado. Os traballos comezaron nos dous núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira, cos recipientes de carga lateral e iranse estendendo por todo o rural. O mesmo sucede cos depósitos de recollida de vidro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial