займ срочно

Silleda, primeiro concello que asina un convenio coa Fundación Banco Farmacéutico de Galicia

0

Silleda, 7 de marzo do 2019 –   O Concello de Silleda converterase no primeiro municipio en asinar un convenio coa Fundación Banco Farmacéutico de Galicia o que lle permitirá axudar a veciños sen recursos ao acceso a fármacos.

A Fundación Banco Farmacéutico de Galicia naceu co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuais de acceso aos medicamentos e tratamentos de persoas que non poden facerse cargo do copago. Conta ademais con outros ámbitos de actuación coma o financiamento de audífonos, tratamentos médicos de nenos e nenas con distintas discapacidades e enfermidades raras, ou o apoio á investigación contra o cancro, principalmente no estudo da biopsia líquida por parte de Oncomet.

A concelleira de Benestar Social, Pili Peón e a Educadora Social do Concello de Silleda, Sara Blanco, mantiveron un encontro cos vicepresidentes desta entidade, os silledenses Miguel Villar (presidente de Amigos de Galicia) e o farmacéutico Alfredo Garrido, así coma co seu director Jesús Busto, para establecer a futura colaboración proposta por esta fundación.

Segundo o convenio, que está previsto asinar o vindeiro 14 de marzo coa presidenta do Banco Farmacéutico de Galicia Noelia Romero, a fundación e o Concello de Silleda faranse cargo, ao 50%, do pago dos medicamentos dos veciños e veciñas de Silleda que non poidan facer fronte ao abono destes por cuestións económicas, sempre previo informe dos Servizos Sociais municipais. O financiamento de certos tratamentos ou a adquisición de audífonos, próteses ou outros elementos ortopédicos necesarios, serán algúns dos recursos financiables a través deste convenio.

Con esta actuación, o Concello de Silleda segue avanzando na procura da mellora dos servizos ás familias con menos recursos e tamén en ofrecer mellores prestacións aos veciños e veciñas de Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies