займ срочно

Silleda comeza co programa de compostaxe doméstica

0

Silleda, 3 de xuño do 2020 – O Concello de Silleda comeza este mes co programa piloto de compostaxe doméstica en tres das parroquias do concello.

A iniciativa de compostaxe de Silleda recibiu o visto bo do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que a través do Plan Estatal Marco de Gestión de Residuos (PEMAR), outorgou ao Concello unha subvención de 13.280 euros, que corresponde ao 80% do total do proxecto, cun investimento de 20.086 euros.

Primeiros pasos

O Concello de Silleda xa adquiriu nas últimas semanas os composteiros así como a biotrituradora que se utilizará para triturar os restos de poda. Tamén están listos xa os manuais sobre boas prácticas para a compostaxe.

Según o responsable da concellería de medio ambiente, Klaus Brey, “Con este programa buscamos mellorar a redución da fracción orgánica mediante a implantación dun proxecto piloto de xestión en distintas zonas do rural”.

Silleda comeza co programa de compostaxe domésticaO pasado mes de decembro o concelleiro e o Alcalde, Manuel Cuiña, mantiveron  unha primeira xuntanza cos veciños de Ansemil-Martixe, parroquia na que se levará a cabo o programa xunto cas de Breixa e Carboeiro. Con estes lugares cómprese cos parámetros establecidos polo programa para chegar a unha poboación de preto de  300 habitantes.

“Polo perfil da poboación  así como pola dedicación agrícola e gandeira dos seus habitantes consideráronse estas como as parroquias máis idóneas”, indica Cuiña, resaltando que esta experiencia será un exemplo e referente para outras que se poidan poñer en  marcha en futuras ocasións.

O programa arrancará con sesións formativas que terán lugar a finais deste mes na Casa da Cultura de Silleda, para garantir medidas de seguridade como a distancia física dos participantes.

O Concello de Silleda aportará materia seca  triturada en determinados puntos para realizar as mezclas axeitadas, todo co debido asesoramento de expertos da empresa Foresin dirixidos por Érika Martínez, enxeñeira de montes, e especializada en Xestión do Desenvolvemento Sostible.

Búscase reducir o material orgánico,  que se bota nos contedores verdes en beneficio das propias fincas e plantas   aforrando en gastos de abonos para o usuario,  e para o Concello en recollidas improdutivas de lixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies