Silleda pon en marcha HERA, un espazo de educación familiar

0

Silleda, 29 de xaneiro do 2020 –  O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar e Educación, pon en marcha o programa HERA, unha iniciativa con distintas actuacións en materia de educación familiar.

O programa HERA, e ao longo do mes de febreiro, realizará distintas actividades dirixidas a todo o público que estea interesado. O vindeiro luns día 3 comezará, na Casa da Cultura e en horario de 10:00 a 13:00 horas, o módulo sobre Xestión económica doméstica. O obxectivo en este caso é acadar unha xestión adecuada dos ingresos e gastos do núcleo familiar.  Trátase de facer unha correcta distribución priorizando gastos como alimentación, vivenda ou roupa.

A organización de tarefas domésticas, a corresponsabilidade como ferramenta no reparto das mesmas, tipo de gastos, ecoloxía doméstica, consumo responsable ou aforro son outros temas que se tratarán. Este módulo continuará os días 6 e 10 de febreiro.

Silleda programa HERA

Imagen de Denise Husted en Pixabay 

A outra liña de actuación do programa HERA, coordinado pola Educadora Social do Concello, será a posta en marcha dunha Escola de Pais/Nais/Proxenitores.  O obxectivo en este caso será fortalecer o papel referencial e potenciar a comunicación e as habilidade sociais para favorecer unha boa relación familiar, e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar. O uso das novas tecnoloxías na infancia, estilos e pautas educativas, comunicación positiva cos fillos e fillas, ou os valores como eido natural da educación parental estarán presentes nas sesión, a celebrar os días 13, 17, 20 e 27 de febreiro.

Todas as persoas interesadas en participar poden recibir máis información e inscribirse no Centro Social ou chamando ao 986 592037. O programa é gratuíto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial