Silleda comeza co programa integral de atención ao Alzheimer

0

Silleda, 23 de xaneiro do 2020 – O concello de Silleda comezará o vindeiro 3 de febreiro o seu programa integral de atención ao Alzheimer.

 O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras realízase a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO). A primeira cita do programa será o curso destinado a familias e coidadores de persoas que padecen esta enfermidade.

Silleda convenio Alzheimer

Firma do convenio con AFAPO no 2019, renovado este ano

Estas sesións, que continuarán ata o día 6 na Casa da Xuventude, serven para formar e dar consellos sobre a atención a persoas que sofren a enfermidade.

A seguinte actuación serán os obradoiros de estimulación cognitiva para os doentes, que se desenvolverán todos os martes e xoves dende febreiro ata decembro, dende o vindeiro día 4. Para esta atención o concello comezou xa a realizar as valoracións das persoas usuarias  nas dependencias de Benestar Social, e continuarán durante a próxima semana.

Este programa de atención é unha iniciativa que comezou no ano 2015 con moi bos resultados. desde aquela segue a facerse para o que o concello aportará este ano 18.000 euros.

Tanto o curso para as familias coma os obradoiros son totalmente gratuítos para os usuarios e volverán a realizarse, ao igual que neste último ano, nas dependencias da Casa da Xuventude.

Proxección de “Arrugas”

Ademais de obradoiros de formación para persoas coidadoras e familiares, e de talleres de atención directa aos enfermos, dende Benestar Social a concelleira Ángela Troitiño explica que “cremos que é necesario un achegamento á poboación en xeral para que coñeza en maior medida este tipo de doenza”.

En este sentido na primeira semana de febreiro está prevista a proxección do filme de animación ‘ARRUGAS’, dirixido por Ignacio Ferreras e na que se conta a historia de dous homes de avanzada idade e cun deles na primeira etapa da enfermidade de Alzheimer. Esta proxección está dirixida ao alumnado da ESO (entre 12 e 16 anos) dos centros educativos do municipio. Será no Auditorio da Semana Verde e contará coa presenza de membros de AFAPO por se algún alumno ou alumna desexa ter máis información acerca desta problemática.

Obxectivos

Entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situacións de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial