Silleda presenta a programación das Festas de Verán

0

Silleda, 3 de xuño do 23018 – A Asociación Idea Silleda, organiza un ano máis as  Festas de Verán do concello cun programa de festexos que se desenvolverá entre os días 5 e 8 de xullo. 

As festas de Verán comezarán o xoves 5 cunha xornada dedicada á gastronomía do municipio. Tras o éxito da convocatoria do pasado ano, Silleda repite a  Festa da Gastronomía que recolle nun só dia tódalas festas que entorno a comida celébranse no concello. Antonio Rodríguez Loureiro, presidente da entidade organizadora dicía na presentación que  “Cremos que o ano pasado esta novidosa iniciativa foi un éxito e por iso decidimos xuntar de novo, nunha sola cita, todos os sabores de Silleda”.

A cita comezará ás oit e media da tarde e unha hora despois os membros da organización das dez festas estarán na rúa Pintor Colmeiro presentando os seus produtos e ofrecendo unha degustación gratuita para o público. Estarán presentes os callos de Ansemil-Martixe; a rosquilla de Abades; a panceta de Escuadro, o lacón de Silleda, a Paella de Cortegada, a tortilla de Laro, a empanada da Bandeira, o chourizo ao viño de Ponte, a castaña de Breixa, o mexilón e bolo preñado de Graba e o porco de Silleda. Dende Idea Silleda agradécese a participación dos organizadores destas citas gastronómicas. A charanga Ardores e os gaiteiros de Bico da Balouta serán os encargados de animar esta primeira xornada que arrancará ás 18:00 horas co chupinazo dende o balcón da Casa da Cultura, na praza Siñor Afranio.

A orquesta Marbella pechará o primeiro día de festa na capital de Trasdeza.

O venres día 6 haberá pasarrúas e animación a cargo da charanga Chourizo Criollo e xa pola noite na praza Juan Salgueiro celebrarase a XX Festa do Lacón. A velada musical do venres correrá a cargo de Eme-Music, con DJ Marcos Lemos e Marcos Magán, na rúa Pintor Colmeiro, e a partir da medianoite coa Orquesta Miramar.

Xa o sábado as charangas Verbeneros e KMCero xunto co grupo de gaitas Pau de Buxo percorrerán tanto a vila como as aldeas de Trasdeza, a partir das 11:00 horas e pola tarde haberá xogos infantís na rúa Pintor Colmeiro.

Ás 19:00 horas terá lugar unha exhibición de baile de salón (nas modalidades Latinos e Estandar, tamén na rúa Pintor Colmeiro e as charangas darán un pasarrúas vespertino. Pola noite a verbena será a cargo das orquestas D’Moda e Principal.

As festas rematarán o domingo 8 de xullo. A Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira protagonizan a última xornada. Haberá pasarrúas e concerto das citadas bandas (na avenida do Parque) despois da misa solemne cantada pola Coral Polifónica Trasdeza.

O concertó da tarde (19:00 horas) será na praza Siñor Afranio. A última verbena chegará da man da orquesta La Fórmula. As festas de verán 2018 de Silleda incluen tamén na xornada dominical un espectáculo pirotécnico á medianoite.  

A asociación Idea Silleda iniciará nos vindeiros días o petitorio ademais de editar un libro conmemorativo dos festexos. Dende a entidade, que preside Antonio Rodríguez Loureiro, agradécese  “a colaboración e axuda tanto do Concello como de empresas, autónomos, comercios, profesionais, veciños, organizadores das Festas Gastronómicas e tamén ás persoas que ceden os seus terreos para a instalación das atraccións. Sen a axuda de todos non sería posible”.

O alcalde, Manuel Cuiña, que participou una presentación destacou o traballo e o esforzo realizado dende a comisión así coma o amplo programa de actividades durante os festexos de verán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies