Silleda coñece as propostas para a nova Casa Consistorial

0

Silleda, 13 de setembro do 2017 – O Salón de Plenos do Concello de Silleda acolleu a sesión expositiva na que se presentaron as propostas para a nova Casa Consistorial.

Representantes do goberno municipal e dos restantes grupos municipais, así coma técnicos do Concello, coñeceron de primeira man as propostas para reubicar nas actuais instalacións da Casa da Cultura, na rúa Progreso, as dependencias municipais, unificando ademais todos os servizos.

Ao remate das exposicións, na que os edís participaron tamén preguntando distintas cuestións aos profesionais que participan no concurso,  o alcalde, Manuel Cuiña, propuxo manter unha xuntanza a vindeira semana para emitir as correspondentes valoracións “Unha vez que os distintos grupos municipais valoren as propostas e estuden cada un dos proxectos, reunirémonos a vindeira semana para elixir, entre todos, o proxecto que mellor se adapte ás necesidades que ten o Concello”, explica o rexedor. Unha reunión que quedou finalmente fixada para o mércores día 20.

A redistribución dos espazos interiores, novas construcións na parte traseira do edificio….  Foron algunhas das propostas que figuran nos deseños presentados que teñen un prezo medio de 700.000 euros, incluíndo o IVE.

O cambio de ubicación da Casa Consistorial foi aprobado polos veciños de Silleda na Consulta Popular que se celebrou o pasado 4 de xuño. Cuiña lembra que “despois desta decisión histórica na que todos os silledenses tiveron a oportunidade de participar, seguimos coa valoración das ofertas o proceso para trasladar as dependencias municipais”.

A modernización das instalacións municipais e a unificación dos servizos, facilitando os trámites aos usuarios son as principais razóns do cambio plantexado polo goberno municipal e refrendado polos veciños e veciñas.

O proceso continuará pois coa elección do proxecto máis axeitado. “En principio a idea é levar a proposta de elección ao pleno ordinario que se celebrará a finais deste mes”, explica o alcalde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies