Quinta edición do Concurso de Cómic da biblioteca Daniel Castelao de Silleda

0

Silleda, 11 de febreiro do 2020 – A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar o V Concurso de Cómic da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao. 

Este ano o Concurso de Cómic ten como lema “A Reciclaxe” e contará con premios económicos  e materiais. As bases xa poden consultarse na web municipal www.silleda.gal,  tanto no apartado de Novas como no banner de Educación e Mocidade. 

Poderá participar de xeito individual ou por parellas o alumnado dos centros de ensino do Concello de Silleda, de Educación Primaria e Secundaria (ESO).

O prazo para presentar os traballos a este certame, que se convoca tamén en colaboración coa Deputación de Pontevedra, remata o vindeiro día 3 de abril . Os premios distribúense en dúas categorías, Primaria e Secundaria. En cada unha delas establecese un premio ao mellor cómic dotado con un smartwatch para cada un do autor/es e 100 euros en metálico para o centro, así coma un premio á mellor ilustración, cun lote de comics para os autores e 75 euros en metálico para o centro. Os premios en metálicos serán destinados como achega para as excursións de fin de ciclo, e no caso de non celebrarse para as actividades que se estimen.

A obra será orixinal, en branco e negro ou cor, realizada con técnica libre e en lingua galega. Deberá de presentarse en formato DIN A-3, dobrado pola metade para obter 4 páxinas.

Os traballos de banda deseñada deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Silleda, -aberto de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas- , nun sobre pechado que irá acompañado da folla de inscrición (dispoñible tamén na web). Neste documento debe figurar o título do traballo, nome do autor/a ou autores/as, curso ao que pertencen e nome do centro de ensino.

Todas as obras participantes formarán parte dunha exposición na Casa da Cultura de Silleda.

O xurado estará formado por persoas vencelladas á Biblioteca, ao mundo da cultura local, e por un/ha técnico/a municipal. A decisión do xurado darase a coñecer antes do día 8 de maio. 

“Logo do éxito das dúas convocatorias anteriores volvemos apostar por este certame para apoiar o fomento da creatividade entre o alumnado e ao mesmo tempo incentivar a súa participación para lograr fondos de cara ás excursións de fin de curso”, sinala a concelleira de Educación, Ángela Troitiño.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial