Silleda abre a biblioteca Daniel Castelao con horario reducido

0

Silleda, 8 de maio do 2020 – Silleda abrirá a biblioteca Daniel Castelao desde o próximo luns con horario reducido e só para servizo de préstamo.

A biblioteca abrirá de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas para retirar e devolver libros. As persoas usuarias que se acheguen ata este centro terán que agardar o turno de entrada no caso de que haxa outras persoas no interior.

A actividade retomase ao dar comezo a fase 1 da desescalada na que está prevista este tipo de servizos. Progresivamente, e sempre cumprindo coas medidas de seguridade e distancia interpersonal, iranse incrementando os servizos da biblioteca pública e municipal silledense.

Dende que se pechou ao público o pasado 13 de marzo, o persoal municipal encargado deste centro estivo a realizar tarefas de mantemento e reorganización dos volumes dispoñibles. Asimesmo, o centro de Silleda incorporouse a finais de 2019 ao sistema integrado de xestión bibliotecaria nun entorno unificado, para a consulta dos catálogos, coa incorporación entre outros de tarxetas dixitais para as persoas usuarias, un carné único da rede de bibliotecas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial