Silleda reabre o campo de fútbol de Outeriño

0

Silleda, 3 de agosto do 2017 –   Este sábado día 5 terá lugar o acto de reapertura do campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda, logo das melloras realizadas no último mes nestas dependencias deportivas.

O acto comezará ás 19:00 horas e contará coa celebración de encontros entre as distintas categorías dos equipos de fútbol do municipio e a Escola de Fútbol de Silleda. Tamén actuará a Banda de Música Municipal de Silleda. A reapertura estará presidida polo alcalde, Manuel Cuiña, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Os traballos realizados no campo de fútbol de Outeiriño, cunha inversión de 214.000 euros, consistiron na renovación de todo o terreo de xogo, que loce agora co céspede artificial de última xeración, o máis novidoso no mercado. Ademais da renovación da herba artificial tamén se procedeu a reforzar un dos muros do campo e a pintar todo o peche perimetral. A inversión contemplouse no orzamento municipal deste ano, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Convite aos veciños e veciñas

Con esta actuación mellorase considerablemente este recinto deportivo, moi utilizado ao longo do ano por un gran número de usuarios. “Esta era unha das obras máis agardadas no ámbito das infraestruturas deportivas no noso municipio tendo en conta que o campo acusaba un grave deterioro”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. O alcalde convida aos veciños a asistir a este evento de reapertura do Outeriño “que xa na vindeira tempada estreará un terreo de xogo de última xeneración”, engade o rexedor.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies