займ срочно

Silleda reabrirá o Punto Limpo con cita previa

0

Silleda, 21 de maio do 2020 – O concello de Silleda ten previsto abrir o Punto Limpo municipal o próximo día 30 aínda que con cita previa e cumprindo as medidas de seguridade requeridas.

O Punto Limpo abrirá só os sábados e non como o de ata agora que viña abrindo tamén os mércores. O horario será ata novo aviso de 09:00 a 14:00 horas.  As persoas que desexen utilizar as instalacións deben chamar ao 986580000, para sacar cita.

Silleda reabrirá o Punto Limpo con cita previaOs vehículos accederán á explanada de un en un, e os propios usuarios depositarán os residuos nos lugares onde lle indique o persoal que atenda. Deberán acceder ademais con mascarilla e disporán de xel desinfectante á entrada do centro.

Operarios municipais realizaron nos últimos días tarefas de desbroce no entorno deste centro municipal que tamén será debidamente desinfectado antes da súa apertura.

Enseres domésticos

Por outra banda, tamén se reactiva o servizo de recollida de enseres domésticos  a domicilio, que comezou a funcionar en marzo do pasado ano. As persoas que desexen facer uso deste servizo, deben de chamar ao 900 720190, teléfono gratuito que esta operativo de luns a venres en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Cada semana realizarase as recollidas dos avisos que se reciban ata o día anterior. Os usuarios deberán depositar os enseres seguindo as instrucións do persoal do servizo.

Lavado de colectores

Tamén nos vindeiros días se procederá a realizar un novo lavado dos colectores en todo o municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies