Silleda, 3 de abril do 2018 – Silleda comezou a colocación de máis contedores amarelos, destinados á reciclaxe de envases lixeiros, por distintos núcleos rurais.
En esta ocasión foron 26 os contedores os repartidos polos distintos núcleos de poboación. Esta iniciativa súmase aos 126 colectores colocados o pasado ano (cunha ratio dun colector por cada 80 habitantes) coa implantación da recollida selectiva no rural, unha das grandes novidades do servizo municipal. Estes novos contedores para reciclaxe non serán os últimos xa que desde o concello xa anuncian que solicitaran máis a Ecoembes.
Estes colectores servern para os envases lixeiros como latas, bricks, envases de plástico, bandexas de forespán…. Este servizo é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademais que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos.
A implantación da recollida selectiva no rural de Silleda rematouse o pasado verán. “Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente se non que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.