O Concello de Silleda reclama a Educación a construcción dun novo CEIP

0

Silleda, 14 de abril do 2018 – O Concello de Silleda vén de solicitar a construción dun novo centro para o CEIP Plurilíngüe de Silleda que se atopa nun edificio de máis de 50 anos.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, falaba do CEIP para explicar que  “As eivas na estrutura deste colexio fan que xa non sirvan os arranxos puntuais” lembrando os problemas que vén acusando o centro nos últimos anos con filtracións na cuberta, ventás anticuadas , humidades, mal estado dos peches exteriores  ou a falta de pasarelas ou zonas cubertas no patio, que provocan que os alumnos de Infantil se teñan que desprazar ata o comedor mollándose en días de choiva, entre outros. “Nos últimos anos non se teñen acometido grandes reformas, e vista a situación do centro consideramos que a mellor opción pasa por construír un novo colexio”, indica Cuiña.

O CEIP Plurilingüe de Silleda conta no curso actual con 333 alumnos e alumnas.  “Visto que nos últimos anos dende a Consellería de Educación se teñen executado novos edificios para centros de menor antigüidade ou similar ou noutros casos importantes reformas integrais, consideramos que é de xustiza reclamar un novo colexio para Silleda”, engade.

Próximos pasos

A petición é o primeiro paso dun proceso que o goberno municipal continuará nas vindeiras semanas a raíz desta proposta. O alcalde explica que se convocará unha xuntanza coa comunidade educativa do CEIP de Silleda para explicar esta petición. Do mesmo xeito, tamén está previsto convocar unha reunión cos grupos políticos da Corporación, “dos que agardamos ter o seu apoio para reclamar ante a Consellería, que é quen ten as competencias en materia educativa, a construción dun novo centro”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial