займ срочно

O rural de Silleda comeza a recollida selectiva

0

Silleda, 19 de abril do 2017 – A colocación de colectores amarelos no rural de Silleda para a implantación da recollida selectiva de lixo iniciouse o pasado luns por parte da empresa concesionaria e xa se poden usar en 7 parroquias.

A recollida selectiva de lixo, un servizo que ata o de agora só estaba dispoñible nas vilas de Silleda e da Bandeira, chegará nos vindeiros días a todas as localidades. Esta iniciativa é unha das melloras incluídas na nova concesión do servizo de recollida de residuos, xestionado dende o mes pasado pola firma Urbaser.

En total distribuiranse 115 colectores amarelos nas parroquias do rural  atendendo a criterios de poboación, lugares máis transitados polos veciños…” Non podemos ter un contedor amarelo por cada un dos verdes , os de materia orgánica, porque o custe sería inasumible; por iso fixemos un estudio para a ubicación dos novos contedores. Pero en todo caso, e unha vez que comece a funcionar o servizo, atenderanse as posibles suxerencias veciñais para realizar os cambios que foran necesarios”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Para os criteiros de colocación, utilizouse unha ratio de 1 colector por cada 80 habitantes. Estes colectores terán unha capacidade de 800 litros cada un

Guía informativa en todos os domicilios

Na ronda de reunión parroquiais que rematou o pasado 6 de abril, o alcalde xa explicou que coa implantación da recollida de envases lixeiros se iniciará unha campaña informativa para concienciar á poboación da importancia de separar residuos para a súa correcta reciclaxe. “Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica o alcalde, que fai un chamamento aos veciños para colaborar na correcta separación e reciclaxe.

Esta campaña informativa ten dous eixos de actuación. Así xa se comezaron a enviar a todos os domicilios do municipio silledenses unha guía informativa, baixo o lema “En Silleda todo está no seu sitio”, explicando o que debe depositarse en cada colector, tanto orgánico, amarelo, como de vidro, ou papel cartón.

Así mesmo, tamén se recollen outros servizos dispoñibles en Silleda, coma os colectores de textil, de aceite usado, ou os minipuntos limpos que se instalarán en breve en Silleda e na Bandeira.

Na guía, da que Urbaser e o Concello de Silleda editaron 3.500 unidades,  tamén se destaca o Punto Limpo, unha instalación totalmente gratuita para os veciños que está dispoñible os mércores e sábados de 09:00 a 14:00 horas . Na publicación recóllese todos os materiais que se poden depositar nestas instalacións, ubicadas en Vilanova, na parroquia de Margaride.

“Temos que insistir e tratar de concienciar á xente da importancia de depositar os residuos en sitios axeitados, para evitar que se sigan creando vertedoiros incontrolados e en moitos casos con carácter reincidente”, engade Cuiña.

Charlas nos centros educativos

A segunda liña de actuación da campaña informativa ten como obxectivo o alumnado silledense. As sesións comezaron onte martes con sesión nas que se aborda o entorno medio ambiental, as posibilidades de reciclaxe do lixo… O técnico de medio ambiente Francisco Pérez García será o encargado de impartir as sesións organizadas polo Concello de Silleda, a través do departamento de Medio Ambiente, que dirixe Klaus Brey, e Urbaser, en colaboración cos centros educativos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies