Silleda bate un récord con 118 avisos para recollida de plásticos agrícolas

0

Silleda, 19 de outubro do 2018 – A segunda fase do  servizo de recollida de plásticos agrícolas posto en marcha dende o Concello de Silleda rematou cun novo récord, ao rexistrarse por primeira vez un total de 118 avisos, de usuarios residentes en 29 das 33 parroquias do municipio.

Os traballos de retirada dos plásticos agrícolas, que se iniciaron o pasado luns, remataron recolléndose un total de 50.000 kilos de plástico, o que sumado á primeira fase realizada en abril, arroxa un resultado de 100.400 kilos retirados neste exercicio de 2018.

A empresa SIMA, que empregou dous camións, realizou xunto con persoal municipal os traballos de recollida dos plásticos, establecendo como punto de acopio o polígono industrial Área 33, mentres duran os traballos de realización da plataforma do Centro de Transformación do Carballiño, lugar de destino dos materiais. Dende o Concello de Silleda, tanto o alcalde, Manuel Cuiña, coma os concelleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, Klaus Brey e Jesús Taboada, agradecen a excelente colaboración de todos os usuarios, que depositaron os plásticos seguindo as indicacións dadas.

“Os nosos gandeiros e agricultores demostran unha vez máis  a súa veteranía con este servizo, e a súa colaboración para axudarnos a retirar estes materiais tan nocivos para o noso medio ambiente”, indica Manuel Cuiña, lembrando a gran cantidade que se xenera destes residuos (estímase que a cada explotación vense desprendendo de aproximadamente 1 tonelada de plásticos por ano).

Este programa de recollida porta a porta, gratuito para os usuarios,  iniciouse en febreiro de 2008 obténdose uns resultados excelentes tanto polas solicitudes rexistradas como pola cantidade recollida. Foi unha medida de gran acollida veciñal , evitando a acumulación duns plásticos que metidos en terra tardarían en degradarse uns 500 anos. Ao mesmo tempo evitase tamén o impacto visual, tendo en conta ademais que este material é reciclable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial