Silleda recupera o NON é NON de cara as festas

0

Silleda, 25 de xuño do 2019 – O Concello de Silleda a través do departamento de Igualdade volve poñer en marcha este ano a campaña “NON é NON”, coa finalidade de sensibilizar a cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que homes e mulleres disfruten das celebracións en condicións de igualdade.

O NON é NON púxose en marcha o pasado ano, de xeito pioneiro en Galicia, e chegará este ano ás Festas de Verán de Silleda, a Festa da Empanada da Bandeira e á Romaría da Tortilla de Laro. O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave de prevención do acoso e as agresións sexuais, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado.

Levarase a cabo un soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía, protexer ás vítimas potenciais e informar as persoas participantes nas festas, do Protocolo a seguir no suposto de detectar ou sufrir unha agresión sexista.

Crearanse dous puntos de información, Puntos Violetas, nas localidades de Silleda e Bandeira  e un punto en Laro, durante a celebración das súas respectivas festas locais; baixo o lema “NON É NON”, serán espazos nos que se sensibilizará á poboación en xeral e se atenderá, informará e axudará ás vítimas de calquera tipo de agresión sexista.

Imaxe da camapaña NON é NON

Imaxe da camapaña NON é NON

Os referidos puntos de información, que estarán atendidos por voluntarias/os  -ás/aos que se lle proporcionará formación en igualdade  e experiencia en prevención e violencia de xénero-  estarán abertos ao público os días das festas locais de Silleda,  Bandeira e Laro,  en horarios de 13:00 a 14:30 horas e de 20:30 horas a 3:00 horas.

Así mesmo, nesta campaña contarase cun servizo de tres educadores de rúa que informarán e distribuirán folletos e material promocional da campaña.

-A campaña silledense tamén distribuirá carteis que estarán presentes en todos os postos e negocios do pobo, medios de transporte -taxis, autobuses…. Sendo especialmente intensa a campaña nos establecementos de ocio nocturno.

Selección de voluntarios/as

Así mesmo este martes día 25 abrirase  o prazo para a selección de voluntari@s, tendo lugar a sesión formativa para  @s voluntari@s dos Puntos Informativos e as/os educadores de rúa os días 5, 6 e 7 de xullo, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Tamén está previsto  ler o manifesto da campaña no pregón, concertos e diversas actuacións que se celebren.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial