Silleda avanza na implantación da primeira rede de biomasa de Galicia

0

Silleda, 22 de xuño do 2018 –   As obras da Rede de Biomasa de Silleda comezarán a vindeira semana despois de que o alcalde firmara o contrato coa firma adxudicataria.

As obras da rede de biomasa suporán unha inversión de case 800.000 euros e están financiadas nun 80% polo INEG e o 20% con fondos municipais. A planta de produción situarase no terreo que o Concello de Silleda adquiriu á Fundación Semana Verde (cos fondos correspondentes ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra), preto do recinto feiral.

A rede subministrará calefacción e/ou auga quente sanitaria o pavillón deportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul, a Residencia e Centro de Día de Maiores e o Hotel Vía Argentum. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia, que se converterá na primeira rede público-privada deste tipo na nosa comunidade.

O prazo de execución das obras é de tres meses, polo que deberán de estar rematadas a finais do vindeiro mes de setembro. A rede de calor terá unha potencia de 1 megawatio e na primeira fase colocaranse case 2 kilómetros de tubaria preasilada.  Na segunda fase conectaranse  á esta rede de calor outros edificios como a actual Casa da Cultura, a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal.

O alcalde, Manuel Cuiña, explica que “Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo”. O aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando esté lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar.

Aproveitamento da biomasa

Esta iniciativa daría tamén paso a creación dunha planta en Silleda para o procesado da astilla.  “É un proxecto ambicioso que culmina a nosa aposta por enerxías limpas que vimos realizando nos últimos anos coa dotación de caldeiras de biomasa en edificios municipais ou placas fotovoltáicas, entre outros”, explica o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies