Silleda comeza co programa Redmur de fomento do emprego

0

Silleda, 21 de xaneiro do 2018 – Esta semana comezou en Silleda o programa Redmur, a Rede de Emprendimiento e Inserción Sociolaboral para a diversificación de actividades sostibles no Medio Rural, que chega da man da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) e o Centro de Desenvolvemento Agrario do Concello de Silleda.

Un total de 20 mulleres participarán no programa Redmur ao longo dos dous vindeiros meses co obxectivo de fomentar a empregabilidade e promocionar o empoderamento.

Ademais de informar sobre itinerarios de emprego (autoemprego, creación de cooperativas ou outras fórmulas) tamén se poñen á súa disposición cursos on line gratuitos con máis de 12 modalidades distintas.

Na apertura participaron o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, a presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos, e a concelleira de Igualde e Benestar Social, Pilar Peón.

A  presidenta de Fademur explicou os obxectivos do programa Redmur que se concretan na axuda a mulleres de distintos perfís para adquirir ferramentas e habilidades de cara a procura de emprego, ben por conta allea ou coa posta en marcha de proxectos comúns.

Nestes dous meses darase formación relacionada co uso das novas tecnoloxías, emprendemento –cómo crear unha empresa, autoemprego, cotizacións-, ofrecerase ás asistentes unha visión ampla para emprender no mercado, e asesoramento personalizado. “Queremos que o que fagamos nestes dous meses vos sexa útil para dar resposta ás vosas expectativasl”, indicou Rosa Arcos, que ademais de agradecer a colaboración do Concello incidiu tamén na perspectiva da igualdade e advertiu do éxito de iniciativas similares en localidades como Teixeiro ou Carballeda de Avia coa creación de cooperativas.  

Pola súa banda Manuel Cuiña agradeceu a Fademur a posta en marcha da iniciativa “que se suma a outras apostas que estamos a realizar dende o Concello como o Plan de Axuda á Creación do Emprego, polo que xa se outorgaron unha ducia de subvencións a fondo perdido para outros tantos proxectos”, indicou.

Cuiña lembrou que o Centro de Desenvolvemento Agrario xurdiu ademais non só con vocación de reactivar o rural senon tamén de fomentar o emprego con novos proxectos “e apoiar iniciativas como estas que poden axudar non só a nivel particular ás usuarias senon tamén a nivel xeral freando o despoboamento que temos na Galicia rural”, engadiu resaltando ademais o baixo índice de paro do municipio, co menos dun 13% de taxa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial