Silleda reforzará o equipo de bacheo ante os numerosos desperfectos pola choiva

0

Silleda, 21 de abril do 2018 –   O Concello de Silleda reforzará o equipo de bacheo, da Concellería de Obras e Servizos, logo de constatar os numerosos desperfectos na rede viaria provocados polas intensas choivas dos últimos meses.

O alcalde Manuel Cuiña, informa que o equipo de bacheo pasará de 3 a 5 integrantes “intensificando a reparación dos numerosos danos na exentesa rede varia municipal”, engade. Cuiña avanza que o traballo necesario para acometer todas as reparacións levará varios meses, “polo que facemos un chamamento á comprensión da cidadanía xa que sabemos que todas as pistas son importantes pero á vista de que os danos son numerosos precisaremos ir priorizando e facendo o traballo con garantías en todos os puntos onde sexa necesario. Xa que nas xornadas de choiva que foron moitas non se pode realizar este tipo de traballo polo material que se utiliza, dende que contamos con bo tempo o equipo de bacheo está xa a traballar intesamente para axilizar as reparacións”.

Nos últimos días o equipo estivo a traballar na vila de Silleda, onde o mal tempo deixou tamén desperfectos nalgúns tramos urbanos. Tamén se actuou na parroquia de Parada e en Barravaite (Lamela) e a vindeira semana continuarase en localidades como Piñeiro.

“O noso territorio, con 33 parroquias, conta con máis de 1.000 kilómetros de vías de titularidade municipal, unha rede moi extensa que con situación como a que vivimos este inverno nos obligan a doblar esforzos”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial