Silleda rematará en setembro o parking da fervenza da Toxa

0

Silleda, 29 de agosto do 2018 –  O Concello de Silleda continúa realizando na parroquia de Pazos os traballos de mellora de accesibilidade e sinalización da Fervenza do Toxa, o emblema natural do municipio que visitan cada año milleiros de persoas.

O estacionamento da Toxa estase a habilitar nun terreo alugado polo Concello ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Os predios suman unha superficie de 18.000 metros cadrados, nos que se crearán un total de 80 prazas de estacionamento para turismos e outras tres para autobuses, con posibilidade de amplialas nun futuro.  

O alcalde, Manuel Cuiña, visitando as obras

O alcalde, Manuel Cuiña, explica que “Con este aparcamento, que agardamos ter listo ao longo do mes de setembro, concluiremos o proxecto de mellora da sinalización e accesos á Fervenza do Toxa, un espazo que precisaba de iniciativas coma esta para continuar poñendo en valor e protexendo tamén os nosos recursos”. Cuiña lembra que o primeiro paso foi retirar o tráfico da baixada á Fervenza, ademais da colocación de diversas sinais informativas.

Habilitación de sendeiro

Dende o aparcamento habilitarase tamén un camiño, que xa existe,  que levará de forma directa aos usuarios ata o miradoiro da fervenza.  Colocaránse as sinais pertinentes para que o camiño actual de acceso sexa tan só de uso veciñal. Con esta medida evitase tamén o aparcamento en fincas privadas no entorno da fervenza, algo que viña acontecendo ata o de agora.

Segundo recolle o contrato de arrendamento, o Concello de Silleda abonará  a cantidade de 2.000 euros anuais, revalorizables en 100 euros por ano, ao Adif polo aluguer do parking.

No verán de 2016 iniciáronse os traballos de mellora de sinalización e penalización deste enclave natural, situado en plena Rede Natura 2000. Colocáronse tamén diversos carteis indicadores en varias estradas nacionais e autonómicas, barreiras de madeira para impedir o acceso con vehículos ata a Fervenza e creouse tamén un roteiro entre este e o mosteiro de Carboeiro polas parroquias de Ansemil-Martixe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial