Silleda realizará a remodelación integral da praza Juan Salgueiro

0

Silleda, 15 de abril do 2018 –   O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros meses a remodelación da praza Juan Salgueiro (antiga Feira Vella), un dos espazos públicos que concentra a máis usuarios como zona de lecer e esparcimento.

Nos vindeiros días dende o goberno municipal convocarase unha xuntanza cos usuarios da praza Juan Salgueiro  “para poder planificar entre otros o mellor diseño posible deste espazo”, engade o alcalde, Manuel Cuiña. Logo da renovación do parque da Igrexa e o da Bandeira, o da praza Juan Salgueiro será o seguinte en contar cun novo recinto, á vista do deterioro da zona de xogos no que xa se viñeron acometendo arranxos puntuais nos últimos anos. “Somos conscientes de que este emprazamento, no centro do pobo,  é moi utilizado por veciños e familias e consideramos que se debe de acometer unha remodelación da zona, ao igual que se fixo nos últimos anos con outros espazos públicos”, sinala o alcalde.

Cuiña cita a remodelación do entorno da praza da Igrexa de Silleda, o parque municipal das Pedrosas ou a praza da Feira da Bandeira. No ano 2011 esta praza pechouse ao tráfico e creáronse ademais pequenas áreas axardinadas a fin de humanizar o entorno “Agora acometeremos un proxecto máis ambicioso para reformar este enclave renovando o parque e apostando por novos deseños, para o que agardamos contar cas aportacións dos usuarios desta praza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial