Silleda renova o convenio co Obradoiro CAB de baloncesto

0

Silleda, 22 de agosto do 2018 – Silleda continuará sendo esta tempada, por segundo ano consecutivo,  a sede oficial do equipo filial do Obradoiro CAB SAD de baloncesto.

Este martes o director xeral do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, o alcalde, Manuel Cuiña, e o presidente da Fundación Heracles, José Casal, asinaron a renovación do acordo.

A maiores este ano xa se inclúe o anexo asinado a metade da tempada  anterior , coa xestión da Escola de Baloncesto de Silleda, que reanudará as clases o vindeiro 15 de setembro.

“Logo do éxito que supuxo a chegada do clube e a escola ao noso municipio, dende o Concello apostamos por continuar nesta liña”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Dende o departamento municipal de Deportes a concelleira, Ana Luisa González indica que “logo de valorar o que supuxo o acordo o pasado ano, agora interaremos dar un paso mais preparando aos alumnos e alumnas da escola para a competición en diferentes categorías, da man da Fundación Heracles, que garantiza unha formación de primeiro nivel”.

O Obradoiro Silleda disputará os encontros no pavillón silledense os domingos pola tarde, ao igual que na tempada pasada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial