Silleda renova o convenio que posibilita a atención a pacientes con Alzheimer

0

Silleda, 12 de xaneiro do 2019 – Silleda ven de renovar o convenio con Afapo para continuar co Programa de Atención Integral a Persoas con Alzheimer e as súas familias.

O programa conveniado ten como obxectivos axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos con Alzheimer e previr situacións de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

O alcalde, Manuel Cuíña, expresaba a súa satisfacción por este acordo “Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”.

Sesión de interese xeral

O programa, que ao igual que en anos anteriores incluirá un curso para persoas coidadores e obradoiros para as persoas enfermas, ademais de asesoramiento personalizado contará  este ano como novidade cunha charla coloquio na que se abordarán as demencias dende  varias frontes. A cita será a finais deste mes (a data concretarase nos vindeiros días), cunha sesión na que ademais do presidente de Afapo, que falará da problemática dende unha vertente asistencial, informando aos asistentes sobre os recursos dispoñibles para familiares e enfermos, abordará cuestións relacionadas cos avances científicos sobre esta doenza.

O científico Carlos Spuch, membro do Instituto de investigación Sanitaria Galicia Sur e Coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias estará na cita de Silleda para falar dos últimos avances médicos e de claves para diagnosticar esta enfermidade.

“Consideramos que se trata de unha sesión de grande interese para toda a poboación, xa que por desgraza cada vez son máis as persoas aqueixadas por algún tipo de demencia e nesta sesión ademais de falar de recursos tamén teremos unha visión a nivel médico dun dos grandes expoñentes neurocientíficos de Galicia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. É por iso que dende o Concello farase un esforzo na difusión desta charla dado o seu interese.

Valoración e inicio dos cursos

Por outra banda xa o mércores 23 e o 30 terá lugar no Centro Social de Silleda a valoración a nivel social e cognitivo dos potenciais usuarios que asistirán despois, dende febreiro e ata decembro aos obradoiros de estimulación dirixidos a pacientes con diagnóstico de demencia en fase inicial ou moderada da enfermidade. Terán lugar todos os martes e xoves (de 10:30 a 12:30 ), agás no mes de agosto, na Casa da Xuventude.

A finais deste mes de xaneiro, os días 28, 29, 30 e 31 desenvolverá se os cursos de formación para coidadores e familiares, que se celebrarán este ano na Casa da cultura, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Todas as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro Social de Silleda ou chamar ao 986 592037.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial